Ministerio de Ciencia e Innovación CSIC Sociedad de Química Chemestry 2011

Exposición virtual

A exposición “Entre moléculas. Ano Internacional da Química 2011. CSIC” ofrece unha visión amena, divulgativa e didáctica da Química. A mostra está dirixida a toda a poboación, con especial atención aos estudantes novos dos distintos ciclos educativos de secundaria. Está composta por 22 paneis que introducen ao visitante no papel central da Química e súas achegas á humanidade.
O contido da exposición, comisariada por Bernardo Herradón, ofrece unha primeira visión xeral da química e o seu papel central na ciencia, seguida dun repaso breve das principais achegas realizadas ao longo da historia. Nun terceiro bloque, mergúllase na química en relación con grandes eidos como o medio ambiente, a saúde, a enerxía e a alimentación, póndoos en relación coa investigación desenvolvida nos laboratorios españois.


A exposición pódese descargar (completa) gratuitamente desde esta páxina, cubrindo o formulario. Ofrécese tanto a institucións e organismos como a particulares. O seu uso farase sempre respectando a integridade da exposición, os créditos, os logos, etc., e citando a súa procedencia en toda actividade de difusión que se realice en relación con este material.


O tamaño orixinal da exposición é de DIN-A1 (59,4 x 84 cm), reproducible en formatos proporcionais (A2, A3, A4).
Existen ademais dúas copias impresas de doado transporte (ofrécense embaladas en caixas con rodas) que o CSIC cede gratuitamente ás institucións, organizacións, asociacións, etc., que a soliciten. Esíxese que o seu uso teña fins educativos ou divulgativos, non lucrativos e acceso gratuíto e universal.


O material da exposición compleméntase con tres unidades didácticas (adaptadas a tres niveis educativos de secundaria) que se poden descargar gratuitamente nesta mesma web, no apartado de materiais didácticos.
 

Exposición virtual

Se desexa descargar a exposición en alta resolución, complete por favor o seguinte formulario.

Para solicitar a exposición impresa e itinerante (ofrécese embalada nunha caixa con rodas) debe cubrir este formulario en Word e envialo ao correo que se indica no propio formulario.

Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen