Ministerio de Ciencia e Innovación CSIC Sociedad de Química Chemestry 2011

Unidades Didácticas (Gallego)

As unidades didácticas son un complemento da exposición "Entre moléculas", que se pode visitar nesta web. Trátase de recursos que se poñen ao dispor do profesorado e que foron elaborados por profesionais da Química, educación, didáctica e divulgación da ciencia. Ao igual que a exposición, as unidades poden descargarse gratuitamente aquí cubrindo o formulario.


Existen tres tipos de unidades didácticas adaptadas a diferentes niveis educativos, que abranguen de 1º a 4º da ESO ata 1º e 2º de Bacharelato. Os contidos divídense en preguntas clave e unha proposta creativa para realizar na clase e que consiste - dependendo do nivel educativo- en debuxar e/ou fotografar un obxecto, un concepto, un experimento, unha idea, etc., que reflicta o lema do Ano Internacional da Química (A Química: a nosa vida, o noso futuro). Para que poidamos colgar nesta web os vosos traballos, cumprirá que nos enviedes unha autorización asinada polo pai/nai/titor/titora. Aquí podedes descargarvos a autorización.


Estes materiais están dirixidos fundamentalmente ao profesorado co obxectivo de servir como ferramenta de apoio para afondar nos contidos da exposición “Entre moléculas”. Igualmente, as unidades foron concibidas para que poidan ser empregadas como auto-guías para todos/as aqueles/as que queiran mergullarse no mundo das moléculas en solitario, con amigos/as ou en familia.
 

Agardamos que as unidades didácticas permitan afianzar coñecementos, asimilar a lectura dos paneis expositivos e mellorar a percepción e o aprecio dos xoves pola Química en todas a súas facetas. E sobre todo, agardamos que gocedes con elas e coa exposición.

Descarga das unidades didácticas e a autorización.